• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organiza un novo programa de andainas dirixido a todos os públicos

13/10/2021

O Concello pon en marcha un novo programa de andainas guiadas dirixido a todos os públicos e  no que se realizarán tres das rutas do proxecto A Laracha Activa. Todas elas son de dificultade media-alta.

A primeira será o domingo 24 de outubro con O sentir de Soandres. Nesta ruta de case 16 quilómetros de distancia e que parte desde o mosteiro de San Pedro, coñecerase a riqueza arqueolóxica da parroquia visitando o dolmen do Forno dos Mouros, a Pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño.

O domingo seguinte (31 de outubro) será a quenda para a Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. Trátase dunha ruta lineal de algo máis de 12 quilómetros que percorre os antigos camiños de peregrinación, desde a Praza do Concello ata o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, e remata na praza Eduardo Vila Fano de Caión.

A última andaina será practicamente un mes despois, o 28 de novembro, cunha adaptación da ruta 360º Á Laracha duns 10 quilómetros desde a capital municipal ata o miradoiro de Santa Marta.

En todos os casos a inscrición é gratuíta e requírese cubrir o correspondente formulario. O Concello porá a disposición dos participantes o transporte en autobús ata A Laracha para regresar tras rematar cada ruta e tamén para acudir ao punto de partida na primeira delas, que é a única que non comeza na capital municipal.

 

Formularios de inscrición: