• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello lembra a obriga de comunicar a realización de cachelas en San Xoán en espazos privados

15/06/2021

O Concello lembra que durante o San Xoán soamente estará permitida a realización de cachelas en fincas privadas, sendo necesario presentar unha comunicación previa e cumprir a normativa de seguridade establecida.

O documento pode descargarse aquí ou recollerse no Concello, e debe presentarse ben de xeito presencial na Casa Consistorial ou ben en liña a través da sede electrónica. Entre outras cuestións, deberán indicarse os datos do organizador (particular ou asociación), o lugar exacto no que se vai realizar a cachela e o tipo terreo no que se realizará.

Debido á situación sanitaria, neste ano non se permitirán as cachelas en ningún espazo público (rúas, prazas, praias, etc.).