• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A POLICÍA LOCAL REALIZARÁ CONTROIS DE VELOCIDADE NOS CASCOS URBANOS E TRAVESÍAS DURANTE O MES DE AGOSTO

27/07/2016

Os axentes da Policía Local da Laracha intensificarán durante o mes de agosto o seu labor de control e vixilancia de tráfico co propósito de reforzar a seguridade viaria, especialmente nos tres cascos urbanos do municipio e nas travesías.   

A partir do luns da próxima semana comezaranse a realizar controis de velocidade grazas á cesión por parte da Dirección General de Tráfico dun vehículo radar froito do convenio de colaboración entre o Concello da Laracha e o citado organismo dependente do Ministerio de Interior.   

Os principais puntos de control serán as vías dos núcleos de A Laracha, Paiosaco e Caión, así como determinadas travesías urbanas.   

O obxectivo é que os condutores respecten os límites de velocidade establecidos e que as vías do termo municipal da Laracha sexan máis seguras tanto para vehículos como para peóns.

Compartir: