• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

O Concello reparte 1.390 euros no concurso de disfraces “Entroido na Casa”

19/02/2021

Hoxe concluíu o concurso de disfraces que organizou o Concello para festexar un Entroido na Casa e no que se convidara a participar a todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha, establecendo tres categorías (individual infantil, individual adulto e familiar) e destinando aos premios un total de 1.390 euros.

No certame a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha recibíronse preto de 15.000 votos entre todos os participantes. Ademais, na outra modalidade do concurso, o xurado valorou aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal.

A próxima semana o Concello porase en contacto cos premiados, que foron os seguintes:

Concurso en Facebook

Categoría individual infantil:

  1. O Barredor (955 gústames): 75 euros.
  2. Mani Granjero (692 gústames): 60 euros.
  3. Confinamento Pirata (522 gústames): 50 euros.

Categoría individual adulto:

  1. A Sombreireira Loca (495 gústames): 75 euros.
  2. Payasa (445 gústames): 60 euros.
  3. Niña del exorcista (421 gústames): 50 euros.

Categoría Familiar:

  1. Pastores cos seus animais (1.411 gústames): 150 euros.
  2. Miña nai non me fai caso (1.376 gústames): 100 euros.
  3. Vikingas al poder (556 gústames): 75 euros.

Concurso con xurado

Categoría individual infantil:

  1. A Cepa Brasileña do Covid: 75 euros.
  2. Martín S.L.: 60 euros.
  3. Mini Granjero: 50 euros.

Categoría individual adulto:

  1. O Paiaso Jrande: 75 euros.
  2. A Sombreireira Loca: 60 euros.
  3. Popcorn: 50 euros.

Categoría Familiar:

  1. Carnaval 2021 en Punta Cama: 150 euros.
  2. Ti de Ke Baskf: 100 euros.
  3. Almaques: 75 euros.