• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora o equipamento de emerxencias incorporando unha pickup e unha cisterna de alta presión

20/11/2020

O Concello vén de renovar os seus equipos de emerxencias coa incorporación dun vehículo 4x4 tipo pickup e dun equipo de alta presión con cisterna.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recibiron hoxe na Praza do Concello ambos equipamentos que xa están a disposición tanto do persoal municipal de emerxencias como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do espazo natural, incluídas posibles intervencións de urxencia para previr, extinguir e xestionar situacións de risco ou sinistros.

A adquisición do vehículo e da motobomba supuxeron un investimento próximo aos 34.000 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través das liñas de axudas ás entidades locais do Fondo de Compensación Ambiental.