• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora o pavimento na rúa Ramón Cabanillas da Laracha

13/11/2020

O Concello da Laracha realiza un especial esforzo para manter en bo estado a rede viaria co propósito de facilitar as comunicacións entre os núcleos de poboación do termo municipal, aumentar a comodidade na circulación e reforzar a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Nos últimos días realizouse unha intervención destas características na rúa Ramón Cabanillas (antiga 3ª travesía López Astray) do casco urbano da Laracha. Incluíu a renovación do firme nos seus 134 metros de lonxitude ao longo dos que presenta unha anchura media de 5,5 metros. Por tanto, o ámbito da actuación, consistente na aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico en quente, alcanzou os 737 metros cadrados. O proxecto tamén contemplou a mellora da rede de recollida de augas pluviais.

As obras previstas están finalizadas e a estrada xa foi aberta á circulación.