• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As cuadrillas medioambientais municipais actúan na área verde do ámbito do parque empresarial

22/08/2018

O Concello da Laracha está a levar a cabo os labores de limpeza do extenso espazo de protección ambiental que está integrado no ámbito do parque empresarial e que se sitúa contiguo ao río Vilán, na parte sur da zona industrial e xunto ás estradas que comunican O Cancelo (parroquia de Cabovilaño) coa parroquia de Lendo e co núcleo de Arén 

As cuadrillas medioambientais municipais do Concello da Laracha, coincidindo coa época de menor crecida da biomasa vexetal, realiza cada verán os labores oportunos de mantemento, limpeza, acondicionamento, conservación e posta en valor deste singular espazo natural público que está a disposición de todos os veciños e visitantes do noso municipio. 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, reuníronse cos operarios municipais no propio lugar das actuacións para interesarse polo desenvolvemento dos traballos que se están executando.

Esta área verde é a máis ampla do municipio ao presentar unha superficie total de 45.000 metros cadrados. Posúe unha gran riqueza medioambiental ao contar cunha densa vexetación arbórea autóctona. A súa posta en valor, acondicionándoa como espazo natural público, foi unha das actuacións incluídas no proxecto de urbanización do parque empresarial.