• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello festexará o Samaín con propostas infantís que se levarán a cabo nas bibliotecas municipais

17/10/2017

O Concello da Laracha desenvolverá nas dúas próximas semanas unha nova edición do programa Tardes de diversión, que nesta ocasión leva por título Un outuono de… MEDO e terá como fío condutor a celebración do Samaín.  Incluirá diversidade de obradoiros infantís e contacontos que se levarán a cabo nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

A iniciativa ten por finalidade ofrecer unha alternativa divertida e educativa aos nenos ao mesmo tempo que favorecerá a conciliación persoal, laboral e familiar dos seus pais, xa que as actividades se desenvolverán de 17:30 a 18:30 horas.

As propostas de Un outuono de… MEDO realizaranse nas seguintes datas e lugares:

  • Luns 23 de outubro: Obradoiro infantil na biblioteca da Laracha.
  • Mércores 25 de outubro: Obradoiro infantil na biblioteca de Paiosaco.
  • Venres 27 de outubro: Contacontos Menudos monstros, de Proyecto Bululú, na biblioteca da Laracha.
  • Luns 30 de outubro: Obradoiro infantil na biblioteca de Caión.
  • Martes 31 de outubro: Obradoiro infantil na biblioteca da Laracha.
  • Xoves 2 de novembro: Obradoiro infantil na biblioteca de Paiosaco.
  • Venres 3 de novembro: Contacontos Contos outonais, de Celtia Figueira Rama, na biblioteca de Paiosaco.

Ademais, o domingo 5 de novembro a partir das 12:00 horas a biblioteca da Laracha acollerá o contacontos para bebés Castañas asadas e contos con mel, de Migallas Teatro.

Non se require inscrición previa para poder asistir a calquera destas propostas infantís e a participación é gratuíta.