• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora o terreo de xogo do campo de fútbol municipal de Soandres

15/09/2017

O Concello da Laracha está completando a realización dos labores de mellora e mantemento do campo de fútbol municipal de Soandres, instalación deportiva que acolle, como actividade principal, os partidos dos equipo de peñass desa parroquia, o Canteras El Pozo e o Soandres Veteranos.

Toda a superficie do terreo de xogo foi limpada –incluíndo a eliminación da vexetación herbácea- e achanzada, o que tamén implicou a aportación de áridos para nivelar o ámbito.

Por outra parte, os operarios municipais realizaron o desbroce de toda a contorna desta infraestrutura municipal situada a carón do río Anllóns.

Deste xeito, o campo municipal de Soandres estará en poucas datas en perfectas condicións para acoller a súa actividade habitual.