• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O SÁBADO 16 DE ABRIL, 6ª EDICIÓN DA MASTERCLASS DE AERÓBICOS

11/04/2016

Por sexto ano consecutivo o Concello da Laracha organiza a Masterclass de aeróbicos, unha das citas deportivas de referencia na programación municipal durante a primavera que se celebrará o próximo sábado, día 16 de abril desde as 17:00 ás 19:30 horas no pavillón do IES Agra de Leborís.   

Nas dúas horas e media de duración do evento practicaranse diferentes modalidades deportivas que combinan o fitness e a música. A xornada principiará con aeróbic latino (17:00 a 17:30 h), continuará con zumba kids (dirixido especialmente a nenos, de 17:30 a 18:00), seguidamente haberá body combat (18:00 a 18:45 h) e rematarase con zumba (18:45 a 19:30 h).   

O Concello da Laracha convida a asistir ao evento a todos os veciños que así o desexen, estando recomendada a participación a todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física. Non se require inscrición previa e a participación será totalmente gratuíta.   

A Masterclass de aeróbicos realízase como proposta complementaria aos programas de actividades municipais que se desenvolven ao longo de todo o ano e que tamén inclúe disciplinas similares ás que se realizarán durante o evento do próximo sábado.   

Nas cinco edicións anteriores da Masterclass contouse con máis dun centenar de participantes, cifra que o Concello da Laracha agarda alcanzar tamén neste ano.

Compartir: