• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO REALIZA A PODA DAS ÁRBORES SITUADAS NO CAMPO DA FEIRA DE PAIOSACO

23/02/2017

A empresa concesionaria do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes iniciou, a instancias do Concello da Laracha,  os traballos referidos á poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco, incluíndo o triturado das polas e o transporte.

Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal -como as prazas do Concello, Maximino Canedo e O Recreo- a área recreativa de Gabenlle e tamén nas prazas das parroquias nas que así se considere oportuno.

Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilitará a o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.