• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde reuniuse en Caión co presidente de Portos de Galicia

07/11/2023

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, mantivo hoxe en Caión unha reunión cunha ampla representación do goberno local da Laracha encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.  Tamén participou o presidente da Confraría de Pescadores da vila, Héctor Morgade.

Durante o encontro fixeron un percorrido polas instalacións portuarias caionesas para comprobar o estado actual de conservación dos diferentes espazos e equipamentos, o que lles permitirá determinar que intervencións son prioritarias tanto nas infraestruturas do peirao como para a optimización dos servizos que se ofrecen ás embarcacións.

Os representantes do Concello, de Portos de Galicia e da Confraría de Pescadores mostraron a plena vontade de cooperar na procura do propósito común de mellorar o espazo portuaria para facilitar a actividade que alí desenvolven os profesionais da pesca e as embarcacións de recreo, pero tamén en beneficio da veciñanza en xeral e do sector turístico que conforma un dos principais motores económicos para a vila de Caión.