• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O programa municipal de Nadal xa está en marcha co festival de teatro infantil

19/12/2022

O Concello comezou a desenvolver o programa municipal de Nadal co tradicional festival de teatro infantil ao que está a asistir o alumnado dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

En total pasarán pola Casa da Cultura da Laracha preto de oitocentos alumnos deses tres centros para desfrutar da peza teatral Carabela, da compañía Galeatro, unha historia de Paula Carballeira interpretada por Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez cuxa mensaxe é o coidado do medio ambiente.

Entre o pasado venres e hoxe luns xa se realizaron as catro primeiras funcións. As dúas últimas serán mañá, cos pases previstos ás 10:00 e ás 12:00 horas.

Ao remate de cada unha das seis funcións Papá Noel, acompañado por un dos seus elfos, preséntase na Casa da Cultura para saudar aos nenos asistentes, agasallarlles con caramelos e desexarlles unhas felices festas.