Concello
Conclúe o programa de voluntariado sénior "Axúdoche?"
31/10/2022
As persoas voluntarias que viñan realizando a súa colaboración no programa de voluntariado sénior Axúdoche?, cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, finalizan hoxe o seu labor despois de dous meses traballando de maneira altruísta con colectivos vulnerables e en risco de exclusión social do Concello da Laracha.
Foron diversas as actividades e tarefas que realizaron durante este tempo, como o acompañamento social e emocional, cooperación en trámites da vida diaria, respiro familiar, asistencia e apoio á mobilidade de persoas con mobilidade reducida, etc.
O Concello recoñece e agradece a súa colaboración no programa coa entrega dos diplomas de recoñecemento ao seu labor solidario e altruísta.