• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Igrexa de San Xiao de LendoVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario, Lendo

Está situada no Igrexario da parroquia de Lendo. 

Rematouse no século XIX, seguindo o prototipo de igrexas rurais.

A construción é de cantaría irregular e nunha reforma posterior engadíuselle a sancristía. O templo consta dunha planta de salón na que se inscriben unha soa nave e ábsida rectangular, separados ambos espazos por un arco de medio punto.

Interiormente, pódese destacar o retablo que ocupa o altar maior, de elementos neoclásicos e unha policromía que semella mármore.

Xa no interior, vemos que ten unha cuberta de estrutura de cimbras a dúas augas.

A fachada é sobria e está adornada simplemente por unha espadana dun só oco.

Nesta igrexa pódese contemplar a pegada que os cabaleiros templarios deixaron na bisbarra de Bergantiños, posto que, entre finais do século XIII e principios do XIV, a parroquia de Lendo foi unha encomenda templaria, é dicir, unha sede na que, segundo o escritor e historiador Carlos Martínez Pereira, os monxes-soldado estabeleceron a súa base.

Desta igrexa, metade barroca, metade románica, o máis rechamante é a cara norte, con arco de medio punto na porta e decoración de estrelas, rosetas nas xambas e canzorros, destacando un que representa a cabeza dun elefante.