• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello solicita a participación na convocatoria da Consellería de Cultura dirixida á promoción da lingua galega

25/05/2017

Na reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, o Concello da Laracha acordou solicitar a súa participación na convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dirixida á promoción do uso da lingua galega (DOG número 83 do 2 de maio de 2017).

A finalidade da proposta presentada polo Concello da Laracha sería a creación dun servizo lingüístico, isto é, un departamento técnico municipal, dotado de recursos materiais e humanos, que tería as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.

Na sesión tamén foron concedidas catro licencias urbanísticas, das cales tres corresponden a promocións dirixidas á construción de vivendas unifamiliares.