Pradarías
É un ecosistema formado fundamentalmente por comunidades herbáceas. Pódense encontrar grandes prados na parte alta de Soandres, Montemaior, Lendo e Coiro.
Podemos destacar entre os cogomelos comestibles destes hábitats:
- Champiñón (Agaricus arvensis)
- Choupíns (Macrolepiota procera),moi común sobre todo nas zonas altas do concello. Dáse en pradarías onde pasta o gando, pero tamén se pode ver nas cunetas. Pode chegar a alcanzar os 30 cm. de diámetro.