Turismo da Laracha

 

A Laracha, porta de entrada á Costa da Morte. Desfruta da auga do océano Atlántico, que baña Caión, e da dos seus ríos, entre os que destaca o Anllóns como nexo de unión do territorio. Dende a serra de Montemaior ata o nivel do mar, o municipio conta con inmensidade de paisaxes e actividades para deleite dos seus visitantes.

A Laracha Activa proponche 7 rutas que poderás realizar de forma autoguiada coa túa familia, en parella ou con amigos. Planifica ben a túa actividade tendo en conta os datos técnicos de cada itinerario e as nosas recomendacións.

Descarga a aplicación Wikiloc no teu móbil para transformalo nun navegador GPS. Busca a nosa conta en «rutas promocionadas», selecciona calquera delas e preme o botón «sigue a ruta» para desfrutar do noso territorio.

 

DESCARGAS

Folleto xeral

Fichas individuais das rutas:

Ruta de Caión. Porta da Costa da Morte

Ruta da Muiñeira a ritmo do rio Acheiro

Ruta 360º á Laracha

O vibrar do río Anllóns

O sentir de Soandres

As pegadas do río Bradoso

Circular BTT A Laracha-Soandres-A Laracha