Caravanismo
O concello conta con dúas áreas de servizo para caravanas:
Área de servizo para caravanas en Xermaña:
Rúa: avda. da Laracha s/n.
Lugar: Xermaña
Parroquia: Caión
Área de servizo municipal. Está situada xunta o pavillón de deportes, 1 km. antes de Caión. Ten unhas magníficas vistas e aínda que non ten prazas reservadas para autocaravanas hai un bo aparcamento.
Servizos: auga e baleirado de WC e augas usadas.
Área de servizo para autocaravanas do Regado:
Rúa: estrada AC-552 s/n
Lugar: O Regado
Parroquia: Cabovilaño (San Román)
Área de servizo municipal en área recreativa. Non hai prazas específicas para autocaravanas, pero a área está situada na antiga estrada, onde agora se atopa unha área de descanso. Poden estacionar varias autocaravanas e ademais conta con mesas de pedra con bancos.