Turismo da Laracha

O acceso ao municipio é rápido e sinxelo.

Atópase a 20 minutos da Coruña, e pódese chegar a través da autovía AG-55 Arteixo-Carballo, saída 17 en Paiosaco (este) ou saída 22 na Laracha (oeste); ou ben pola estrada comarcal AC-552 A Coruña–Fisterra, que atravesa o concello polas parroquias de Lestón, Torás, Cabovilaño e Lemaio. A capital municipal, A Laracha, dista 22 km. da Coruña.

Desde Santiago de Compostela a través da estrada nacional N-550 dirección Ordes; ao chegar a Ordes, tomar o desvío dirección á Silva pola AC-413; xa na Silva, tomar a estrada provincial DP-2404 en dirección á Laracha.

Tamén existe unha boa comunicación coa capital española, Madrid, e, en xeral, con toda a meseta, debido ao enlace da autovía AG-55 coa  autovía do Noroeste, a A-6, que une Galicia con Madrid a través da comunidade de Castela e León.