Turismo da Laracha

Existe unha ruta permanente de BTT cuxo percorrido foi deseñado polo club ciclista Laracha en Dúas Rodas e sinalizada polo concello. Abarca 44 km., que recorren lugares de gran beleza natural e paisaxística e de importancia cultural e histórica, como o leito do río Anllóns (fronte ao paseo fluvial, desde Gabenlle ata O Formigueiro), o miradoiro de Santa Marta, o mosteiro de San Pedro de Soandres e, entre outros puntos, o Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte en Golmar.

Aínda que a dificultade da ruta é media, xa que alcanza os 1.100 metros de desnivel acumulado, está deseñada para que poida ser realizada por persoas que se inician na práctica desta modalidade deportiva ao ter unha dificultade técnica baixa, pero tendo en conta o acondicionamento dos camiños para garantir a seguridade dos ciclistas.

O itinerario tamén é apto para o sendeirismo, trail, etc.