Rutas "Mar de Caión"
Ruta pola vila:
Tramo: praza de Eduardo Vila Fano–Santuario de Nosa Señora dos Milagres
Distancia: 2,5 km.
Dificultade: moderada
Comeza no centro de Caión, na praza de Eduardo Vila Fano. Aquí encóntranse varias das construcións máis importantes da vila: a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro, o antigo convento agostiño e o pazo dos señores de Montaos, posteriormente condes de Graxal (de propiedade privada).
Máis información na seguinte ligazón: Ruta pola vila Mar de Caión
Ruta polo porto:
Tramo: praza de Eduardo Vila Fano–Campo da Insua
Distancia: 500 m.
Dificultade: fácil
Zona portuaria
Máis información na seguinte ligazón:Ruta polo porto Mar de Caión
Ruta pola praia:
Tramo: Campo da Insua–Praia das Salseiras
Distancia: 2 km.
Dificultade: fácil
A ruta une o Campo da Insua coa praia das Salseiras. Aquí comeza o paseo marítimo que recolle gran parte da liña de costa da vila e que, ao longo dos seus dous quilómetros de lonxitude, permite gozar de largos paseos á beira do mar e magníficas vistas e postas de sol.
No tramo de rúa que une a avenida de Méndez Núñez co Campo da Insua, pouco antes do comezo do paseo marítimo, instálase todos os luns, de nove da mañá a dúas da tarde, un pequeno mercado de comestibles e roupa.
Máis información na seguinte ligazón: Ruta pola praia Mar de Caión