Pesca
Río O couto de pesca da Laracha acouta o río Anllóns durante 4,2 km. O límite superior fíxase na ponte do Formigueiro e o límite inferior na ponte do Porto Pereiro. Categoría: troita e pesca sen morte Cm. troita: 19 cm. Cota: 10 Laborables: 4 permisos S/D/ Festivos: 8 permisos Expendedores de permisos: Bar “O Estanco”, O Cancelo 91, Cabovilaño. Tfno: 981605228 Xunta de Galicia. Xefatura Territorial da Consellería. Rúa Vicente Ferrer, 2, 5º. 15008 A Coruña. Tfno: 981182299 Durante a tempada de pesca, todos os luns son inhábiles e os xoves, de pesca sen morte. A especie é a troita común (Salmo trutta fario)
|
Mar O concello conta con aproximadamente 6 km. de costa. As especies máis apreciadas son sargos e robalizas, pero tamén se poden pescar luras, congros, pintos, maragotas e panchos, entre outros. |