O Concello
A Laracha, porta de entrada á Costa da Morte, ten a auga, a salgada do océano Atlántico que baña Caión e a dos ríos que sucan o interior, entre os que destaca o Anllóns, como nexo de unión do seu amplo territorio. Dende Soandres ou Montemaior, onde se localizan as maiores altitudes, ata o nivel do mar na praia de Caión, o municipio conta con inmensidade de paisaxes e actividades para o goce dos seus visitantes.
Os nosos museos
Festas e romarías
As celebracións populares forman parte da nosa tradición, cultura e identidade. A Romaría dos Milagres de Caión (8 de setembro) e a Feira das Cereixas de Paiosaco (primeiro domingo de xullo) contan co recoñecemento de Festas de Interese Turístico de Galicia.