Festas relixiosas
PARROQUIA | FIESTA | FECHA |
Cabovilaño | Corpus Christi Carme San Ramón |
Maio ou xuño Domingo anterior ao 25 de xullo Último fin de semana de agosto |
Caión | Carme Corpus Christi Romaría de N. Sra. dos Milagres |
16 de xuño se é fin de semana, se non, o sábado seguinte Día anterior ao da festa do Carme 8 de setembro |
Coiro | Santa Rita Corpus |
Sábado anterior ao Corpus Domingo seguinte á propia data do Corpus |
Erboedo | Nosa Señora Nosa Sra. dos Milagres e o Santísimo |
15 de agosto Primeiro sábado e domingo de setembro |
Golmar | San Bieito, o Sacramento e San Antonio | 11, 12 e 13 de xullo |
Lemaio | Santa Mariña e o Carme, o Sacramento e Santa Lucía | 18, 19 e 20 de xullo |
Lendo | San Antonio e o Santísimo Sacramento | Fin de semana seguinte ao Corpus Christi |
Lestón | Santísimo Sacramento San Martiño |
Fin de semana seguinte ao Corpus Christi 11 de novembro |
Montemaior | Romería de Santa Margarita Santa María Madanela, San Antonio e o Santísimo Sacramento |
20 de xullo 22, 23 e 24 de xullo |
Soandres | Santa Lucía San Pedro, o Santísimo Sacramento e San Antonio Romaría de Santa Marta Santa Marta (Coto de Santa Marta) |
Luns de Pascua 29, 30 de xuño e 1 de xullo 29 de xullo Domingo da seguinte semana a Santa Marta |
Soutullo | Nosa Señora e o Sacramento San Miguel |
15 e 16 de agosto 29 de setembro |
Torás | Santa María, San Roque e o Santísimo Sacramento Santa Lucía |
15, 16 e 17 de agosto 13 de decembro si é domingo, se nón, o domingo máis próximo |
Vilaño | Carme Santiago Apóstol, o Sacramento e San Roque |
Domingo anterior ao 25 de xullo 25, 26 e 27 de xullo |
Mención especial merecen as principais romarías que se celebran no concello, que son:
Romaría da Nosa Señora dos Milagres
Celébrase o 8 de setembro e é unha romaría que conta con gran prestixio no norte da provincia da Coruña. Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
O domingo anterior ao 8 de setembro, trasládase a imaxe da virxe en procesión desde a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o santuario dos Milagres. A partir da tradicional subida da virxe e ata o domingo seguinte (día no que volve á igrexa parroquial, onde se encontra o resto do ano) miles de persoas chegan ao santuario desde toda a comarca para pedirlle á virxe curación ou agradecerlle a intervención divina polos favores pedidos. Centos deles van a pé e algúns incluso continúan o seu ofrecemento dando varias voltas de xeonllos ao redor do templo do século XIX.
Ademais de ver e tocar la imaxe da virxe tamén é tradición que os peregrinos se acheguen á fonte santa, posto que a crenza popular atribúelle propiedades curativas para problemas da pel. Os romeiros mollan un pano na auga e póñeno a secar; cando seque, todos os males desaparecerán. Durante os días de romaría é habitual ver un manto branco ao redor do manancial.
Era costume traer unha pedra e depositala no amilladoiro, que aínda se conserva nun dos montes máis próximos ao santuario.
Os actos relixiosos compleméntanse con actividades lúdico–festivas.
Romaría de Santa Margarida:
Na parroquia de Montemaior, no lugar de Santa Margarida, encóntrase a capela do mesmo nome, na que se celebra a popular romaría o día 20 de xullo.
Este santuario atópase enmarcado entre a famosa carballeira (que ofrece a súa sombra aos numerosos romeiros que alí quedan comer) e a fonte de Santa Margarida, da que brota auga considerada milagreira. É habitual ver aos romeiros nesta fonte para mollar os seus panos ou recoller auga e, despois, humedecer aquelas partes do corpo que ofreceron á santa.
Está considerada a segunda romaría máis importante das que se celebran no concello, despois da dos Milagres de Caión.
Romaría de Santa Marta:
Celébrase cada 29 de xullo na parroquia de Soandres, na contorna do mosteiro de San Pedro de Soandres. Trátase dunha das romarías máis tradicionais do municipio. Conta con actos relixiosos, espectáculos musicais e outras actividades lúdicas.