Turismo da Laracha

A parroquia conta co castro de Montesclaros, un xacemento de gran tamaño pertencente á Idade de Ferro.

Da época da dominación romana existe un miliario (sinal en forma de columna que se colocaba na calzada e indicaba a distancia en millas), descuberto nunha das paredes do interior da igrexa de Santiago de Vilaño durante unhas obras de restauración do templo. Este elemento, situado na actualidade na sancristía, parece indicar que por esta parroquia pasaba a Vía per loca maritima.

Ademais conta cunha parte do sendeiro fluvial do río Acheiro e o pazo de Montesclaros.