Turismo da Laracha

O río Bradoso, que discorre pola parroquia de Montemaior, conta ao longo da súa cunca con 19 muíños. A ruta transcorre sempre ao pé da auga. Destaca tanto pola beleza das súas paraxes naturais, como pola biodiversidade existente e a importancia histórica dos seus muíños.

Precisamente, nas marxes deste río, construíuse nos anos 40 a primeira minicentral hidroeléctrica con fins comerciais coa que contou o municipio, e da que aínda se conservan restos.