Igrexa Parroquial de Santa María de Torás
Esquina avda. de Caión con rúa Silverio Moreda.
Parroquia: Torás
É un templo moderno, construído en 1968. O edificio ten unha planta de salón cunha nave rectangular que destaca pola súa amplitude. Os catro contrafortes de cada un dos muros laterais danlle ao templo a sobriedade que o caracteriza. A fachada principal está adornada por un gran rosetón e unha espadana na súa parte central.