CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA (CODIX)

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA (CODIX)

 

 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada  no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio, que comezará o 1 de setembro e rematará o 22 de novembro, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de novembro unha vez rematado o curso.

 

Para acceder a esta actividade formativa os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT.  A inscrición realizarase a través de internet na web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), durante os cinco días hábiles seguintes á publicación da convocatoria no DOG

Fonte: Amtega

 

 

Compartir