CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE.NIVEL 2 E 3

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE.NIVEL 2 E 3

No DOGA do 26 de febreiro publicouse a resolución do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

Competencias clave que se convocan

1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.

• Comunicación en lingua castelá.

• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

• Competencia matemática

 

A quen vai dirixido?

 

Todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Prazo

Prazo de presentación: 

27/02/2020 - 20/03/2020

  

PARA CONSULTAR A NORMATIVA PREMA EN

ENLACE

Compartir