CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL: PROGRAMA PEL DA DEPUTACIÓN 2024

CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL: PROGRAMA PEL DA DEPUTACIÓN 2024

O Concello de A Laracha ten aberta unha convocatoria de selección  de persoal a través do Programa PEL Concellos 2024. Os postos a cubrir son os seguintes: 

- 4 peóns para a execución de obras e servizos. 

- 1 capataz 

- 2 PSX (Persoal de Servizos Xerais) 

 O prazo para a inscripción  é de 5 días hábiles ,contados dende o seguinte ó da publicación desta convocatoria no B.O.P. (ATA o 11 DE MARZO)

–REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

1. Para poder participar no proceso selectivo, as persoas aspirantes haberán de reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP.

b) Ter cumpridos dezaseis (16) anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas de conformidade coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Idénticos requisitos seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.

d) Acreditar certificado de escolaridade, ou equivalente.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións. Os requisitos anteriores deberanse reunir con referencia ao último día do prazo de presentación de instancias, e manterse durante todo o proceso selectivo.

f) Estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo, ou no caso de existencia de listas de procesos anteriores, á data da convocatoria, e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

       a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de desemprego rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

       b) Maiores de 45 anos. 

       c) Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa Terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.

        d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración          competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.

         e) Persoas en situación de drogodependencia

         f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.

         g) Persoas con fogar monoparental

         h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións  socioculturais

          i) Persoas vítimas de violencia de xénero

          j) Persoas sen  fogar

MÉTODO DE SELECCIÓN: Concurso-oposición

DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses. 30 horas/semana

Para máis información ,pódense consultar os enlaces ás bases que figuran a continuación.

-Peóns para a execución de obras e servizos. Bases péons PEL

-Capataz:Bases capataz PEL

-PSX (Persoal de Servizos Xerais) Bases PSX PEL

Tanto as bases como  calquera outra nova relacionada con este proceso selectivo serán publicadas  no taboleiro electrónico da sede electrónica municipal https://sede.alaracha.gal/ e na sección de últimos avisos da páxina do concello da Laracha.

Compartir