CENTRO DE CAPACITACIÓN DIXITAL: ACCIÓNS FORMATIVAS SOBRE EMPREGO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

CENTRO DE CAPACITACIÓN DIXITAL: ACCIÓNS FORMATIVAS SOBRE EMPREGO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

 

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha ofrece accións formativas sobre o emprego de dispositivos electrónicos e aplicacións informáticas

A Laracha conta nas instalacións do Edificio Administrativo cun Centro de Capacitación Dixital que está en funcionamento desde finais do ano pasado. O proxecto naceu co propósito de pechar a brecha dixital entre a poboación larachesa, facilitando as competencias dixitais a todos os cidadáns do municipio con independencia do seu perfil demográfico.

Xa se realizou un  primeiro plan formativo realizado no Centro de Capacitación Dixital. Constou de 30 horas de duración, nas que os asistentes recibiron formación práctica sobre o uso de dispositivos e aplicacións informáticas que facilitarán o seu día a día e lles permitirán desenvolverse nunha sociedade dixitalizada, evitando que as novas tecnoloxías sexan unha barreira para acceder ao mercado laboral, aos diferentes servizos ou comunicarse coas administracións. Por exemplo, aprenderon a empregar a aplicación do Sergas para móbiles, a realizar compras en liña e o uso das diferentes redes sociais e da firma dixital.

Calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha que estea interesada na realización dunha acción formativa destas características pode informarse acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha, chamando ao 981612811 ou tamén vía WhatsApp no 669963094. As sesións realizaranse en grupos reducidos con participantes de todos os perfís.

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha foi creado en colaboración do Ministerio de Educación y Formación Profesional con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos Next Generation da Unión

Compartir