PROBAS LIBRES DA ESO 2024

PROBAS LIBRES DA ESO 2024

As probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos teñen como obxectivo facilitarlle aos cidadáns que non puideron acadar dita titulación no período de escolarización ordinario a obtención dunha titulación básica mediante a realización dunha proba e sen necesidade de estar escolarizado. Estas probas facilitan que as persoas sen titulación poidan acreditar os coñecementos adquiridos fóra do sistema educativo e así mellorar o seu desenvolvemento persoal para continuar estudos ou para incorporarse a un traballo sen necesidade de cursar estudos de ningún tipo.

1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.

2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

Para consultar a convocatoria, pódese consultar o seguinte enlace: Convocatoria probas ESO

As novedades relacionadas con este procedemento iranse publicando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Compartir