A XUNTA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCCION DAS CLASES B,C E D DA MOCIDADE GALEGA

A XUNTA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCCION DAS CLASES B,C E D DA MOCIDADE GALEGA

A Xunta de Galicia convoca as axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducir das clases B,C e D da mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O importe da axuda será de:

400€ para obtención do permiso de clase B

650€ para obtención do permiso de clase C

1300€ para obtención do permiso de clase D.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou  dos tres permisos obxecto da orde.

BENEFICIARIOS/AS

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas mozas que na data de presentación da súa solicitude cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estean inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figuren como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Teñan o/os permiso/s para o/os cal/es se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día 29 de setembro.

Pódese obter máis información  neste enlace

 

Compartir