AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO DAS ESCALAS DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS(PSX) E XEROCULTOR DA XUNTA DE GALICIA.

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO DAS ESCALAS DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS(PSX) E XEROCULTOR DA XUNTA DE GALICIA.

Mediante Resolución do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, acordouse a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2) (DOG núm. 229, do 29 de novembro).

O punto cuarto da devandita Resolución do 23 de novembro de 2021 dispón que o prazo para presentar instancias comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, isto é, o 30 de novembro de 2021, e remata o 20 de decembro de 2021.

Debido a un erro no funcionamento da aplicación informática, producíronse incidencias técnicas que non lles permitiron presentar correctamente as solicitudes aos administrados. Estas incidencias aconteceron os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2021, o que fai aconsellable ampliar o prazo de presentación de instancias tres días ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, tendo en conta o exposto, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar o prazo para a presentación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a, establecido no punto cuarto da Resolución do 23 de novembro de 2021 (DOG núm. 229, do 29 de novembro).

O devandito prazo rematará o 23 de decembro de 2021.

As persoas interesadas en inscribirse e necesiten asesoramento poden contactar co servizo de emprego, situado na 1ª planta do edificio administrativo  (Teléfono de contacto:981612811)

Compartir