DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA,NIVEIS CELGA 2,3 e 4 NO ANO 2021.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA,NIVEIS CELGA 2,3 e 4 NO ANO 2021.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixou as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021:

 Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

20 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por

algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

21 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por

algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

27 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

28 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

 

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de

persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría

Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias).

Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle

corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas

ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou

apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta

de acceso e a aula correspondentes.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta será posterior á proba

escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba

publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política

Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), unha vez que remate

a proba escrita.

Pódese consultar  a información completa no seguinte enlace: https://bit.ly/3cj3nh0

Compartir