CONVOCATORIA PROBAS AVALIACION COMPETENCIAS CLAVE
No DOGA do venres 5 de marzo saiu publicada a convocatoria das probas de competencias clave.
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Presentación de solicitudes .
1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do anexo I da resolución.
2. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade
(https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua? content=topic_0145.html).
3. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición nos recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade
Competencias clave que se convocan .
1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemátic
Prazo de presentación
06/03/2021 - 07/04/2021
Pode ampliar información na seguinte:
Fonte: Xunta de Galicia