Ruta dos Muíños
O punto de inicio encóntrase no Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte.
Presenta dous recorridos alternativos: o curto, que finaliza en Gabenlle, e o longo, que continúa ata Caión.
Ruta de Gabenlle:
Dificultade: media–baixa.
Distancia: 7,9 km.
A ruta, que nace na cunca do río Acheiro, recorre en gran parte o paseo fluvial do río Anllóns ata chegar á área recreativa de Gabenlle. Os muíños que se atopan na ruta son: o do Formigueiro, o das Pezas, o Grande de Gabenlle e o Tarrulo. Estes permiten coñecer de primeira man o funcionamento dun muíño de auga tradicional.
Ruta de Caión
Dificultade: media-alta.
Distancia: 12,5 km.
Esta ruta conecta os recursos naturais existentes na zona interior cos da costa. O itinerario inicial é exactamente o mesmo que o da ruta dos muíños, partindo do Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte, continuando polo paseo fluvial do río Anllóns ata a área recreativa de Gabenlle. A continuación, proponse a visita ao casco urbano da Laracha para proseguir cara a Caión, única saída ao mar do concello.
Son de obrigada visita no tramo final deste percorrido, o santuario dos Milagres pola súa importancia histórica, e a Punta da Atalaia por conformar un miradoiro nun inigualable espazo natural.
Ruta de Gabenlle
Dificultade: media-baixa
Distancia: 7,9 km.
A ruta, aínda que nace na cunca do río Acheiro, discorre en gran parte polo paseo fluvial do río Anllóns ata chegar á fermosa área recreativa de Gabenlle. Os muíños que se atoparán na ruta (os do Formigueiro, As Pezas, Grande de Gabenlle e O Tarrulo) permitirán aos camiñantes coñecer en primeira persoa a pericia dos nosos antepasados no aproveitamento da forza da auga para moer o gran, sempre cun total respecto ao medio ambiente.
A área recreativa de Gabenlle é un lugar ideal para facer un descanso durante o percorrido.
Ruta de Caión
Dificultade: Media-Alta
Distancia: 12,5 km.
Este roteiro foi deseñado para conectar os recursos naturais existentes na zona interior cos da costa. Desde a Casa Reitoral de Golmar, o punto de partida, e tras completar o paseo fluvial do río Anllóns e chegar á área recreativa de Gabenlle, proponse visitar o casco urbano da Laracha e continuar cara Caión, única saída ao mar do Concello e poboación que marca o inicio da Costa da Morte.
O Santuario dos Milagres, pola súa importancia histórica, e a Punta da Atalaia, por conformar un excelente miradoiro nun inigualable espazo natural, son dous lugares de obrigada visita no tramo final deste percorrido.