Turismo da Laracha

Trátase de formacións vexetais de pinos. Son bosques de gran microdiversidade onde frutifican especies moi apreciadas como:

       - Níscaros

       - Trompetas amarelas (Cantharellus Lutescens).

Nas parroquias de Cabovilaño e Lendo abundan os piñeirais con níscaros, e cara a Caión pódense atopar trompetas amarelas (Cantharellus Lutescens).

Os cogomelos tóxicos que se poden atopar neste hábitat son principalmente:

        -   Amanita muscaria

Hai que destacar que a proliferación das plantacións de eucalipto substituíndo bosques mixtos autóctonos e piñeirais non é beneficiosa, pois non son moi ricas en fungos. Resulta habitual encontrar neste tipo de hábitat, sobre cepas de eucalipto, o cogomelo da risa (Gymnopilus spectabilis) que é tóxico e alucinóxeno.