Turismo da Laracha

Son ecosistemas ligados á auga tanto en superficie como en profundidade. Destacan as ribeiras dos ríos que atravesan o municipio, principalmente a ribeira do río Anllóns, nas que abundan especies arbóreas como amieiros, bidueiros, salgueiros e carballos, onde se poden atopar os seguintes cogomelos comestibles:

-         Cantharellus cibarius, Cantharellus tubaeformis e Craterellus cornucopioides

-          Hednum repandum

-          Boletus edulis, Boletus erythropus

Entre as tóxicas:

-         Amanita phalloides

-         Amanita muscaria

Merece unha mención especial o paseo fluvial de Gabenlle, rico en árbores autóctonas e idóneo para camiñar incluso con nenos.