Montemaior
A principios do século XX era a parroquia máis poboada do municipio. En 1930, Eugenio Carré Aldao recolle que conta cun notario eclesiástico, habendo outro en Cambre e catro na Coruña.
Tamén é a parroquia con maior número de explotacións gandeiras do municipio e conta con dúas cooperativas.
Dispón dun rico patrimonio artístico que se pode contemplar na , no , na e na de Nosa Señora de Cumiáns, así como nos practicamente inapreciables restos das antigas torres do Viso.
Ademais conta co castro da Pena, o sendeiro fluvial do río Bradoso e a Pedra Cedeira, o punto máis alto do concello.
Anécdota histórica, pouco coñecida e recollida na obra de 1885 Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el libro de San Cipriano, de Bernardo Barreiro, é que de Montemaior era oriúndo o primeiro bruxo que foi xulgado en Galicia ao establecerse na comunidade no último cuarto do século XVI o Tribunal da Inquisición. O labrador Juan Coirón, xunto a dúas mulleres tamén procesadas, fixo confesións inverosímiles nun acto de fe ao que asistiron vinte reos, nun ano cheo de fame no que existía a necesidade de xerar espectáculos para a diversión da poboación.