Turismo da Laracha

Alberga o segundo núcleo máis poboado do concello, Paiosaco. Precisamente é aquí onde se celebra a afamada feira de Paiosaco, na que se comercializa un variado abano de produtos gastronómicos, agrícolas e téxtiles. A primeira feira do verán é a denominada feira das Cereixas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A parroquia tamén conta coa igrexa de San Martiño.