Turismo da Laracha

Durante a etapa constitucional dos primeiros anos do século XIX, cando se constitúen os primeiros concellos, Coiro foi a capital municipal e deu nome ao que hoxe coñecemos como Concello da Laracha, daquela integrado no Partido Xudicial de Sísamo. Foi en 1836, no reparto definitivo, cando a capital municipal foi trasladada á Laracha, ao ser este un núcleo situado xunto ao camiño real de Ponte Lubián.

Para visitar na parroquia, destacan a igrexa de San Xián de Coiro e o miradoiro de Santa Marta, que tamén pertence ás parroquias de Soandres e Soutullo.