Turismo da Laracha

Destaca pola súa situación privilexiada respecto ás vías de comunicación, xa que a estrada comarcal AC-552 percórrea de principio a fin e a autovía AG-55 ten unha saída/entrada no lugar do Cancelo.

Bañada polo río Vilán, tamén coñecido como rego de Quenxe, conta cun pequeno paseo fluvial. A nivel patrimonial destaca a igrexa de San Román.