Turismo da Laracha

Lugar: Silvoso

Parroquia: Soandres

No monte Silvoso, na área do vello Coto da Cabra da parroquia de Soandres, está a pedra oscilante ou de abalar de maiores dimensións da Costa da Morte.

A rocha pesa entre 50 ou 60 toneladas, estímase que ten 6,5 metros de largo por 2,5 metros de ancho, e unha altura media dun metro aproximadamente. A marxe de oscilación é duns 15 cm., pero tan pronto como colle ritmo, xera o típico toque das pedras de abalar.

Pode moverse por unha soa persoa sen moito esforzo.