Turismo da Laracha

Lugar: Coto de Santa Marta

Parroquias: Coiro, Soandres e Soutullo

Está situado no alto do monte de Santa Marta, entre as parroquias de Coiro, Soandres e Soutullo, a unha altura de 432 metros. O miradoiro é un espazo natural recuperado polo concello e que hoxe se converteu nunha ampla área de recreo, equipada con grellas, bancos e mesas, desde a que se pode gozar de impresionantes vistas do municipio e doutros lugares da comarca.

Antigamente, aquí atopábase capela de Santa Marta, da que aínda se conservan restos.