Paseo fluvial do río Anllóns
Lugar: Gabenlle
Parroquia: Torás
Nace xusto á entrada da área recreativa, ás beiras do río Anllóns. Esténdese desde Gabenlle ata O Formigueiro cunha lonxitude superior aos dous quilómetros e medio, formando un dos sendeiros con maior encanto da comarca de Bergantiños.
Ao longo deste paseo atopamos muíños rehabilitados, como o das Pezas, o Grande de Gabenlle, o Tarrulo e o do Formigueiro, que achegan un valor engadido á senda, que xa destaca pola súa riqueza medioambiental e paisaxística.