Igrexa Parroquial de Santiago de Vilaño
Lugar: Areosa
Parroquia: Vilaño
O templo coa advocación de Santiago é de estilo neorrománico e data do século XIX. Posúe unha planta de salón rectangular, cunha soa nave e ábsida rectangular.
O sistema construtivo é a base de muros de cachotaría, á vista excepto na sancristía (engadida posteriormente á construción), que posúe dúas plantas e está situada na parte posterior do edificio, podéndose acceder a ela tanto polo interior como polo exterior do templo.
A estrutura interna está composta por cimbras de madeira. No interior, o espazo da nave e do presbiterio están delimitados por un arco de medio punto. A cuberta é a dúas augas. A fachada principal presenta unha composición arquitectónica austera, realizada en pedra regular, cunha porta central coroada por unha espadana de dous ocos e un escudo de armas.