Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: Cillobre

Parroquia: Torás

Pertenceu ás antigas torres de Cillobre. O seu escudo, escrito nun frontón curvo, recolle, baixo a coroa do marquesado, as armas dos Bolaño, Moscoso e Ribadeneyra entre outros. 

É unha capela de pequenas dimensións, que consta dunha planta de salón, unha única nave e ábsida rectangular.

Na fachada destaca a porta central, cun arco de medio punto formado por grosas pedras de cantaría, rompendo coa sobriedade e ausencia de decoración dos seus muros, xunto coas tres pequenas troneiras situadas na cabeceira.