Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: Torás

Parroquia: Torás

Igrexa de planta de salón na que se distingue unha soa nave e ábsida rectangular. A fachada principal, construída en 1876, acolle todo o esforzo decorativo do seu creador, o mestre Manuel Rosende.

Ten un marcado eixe central sinalado pola porta (con lintel e decorada con molduras), e unha ventá rectangular. Remarcando o eixe central, posúe unha espadana de dous ocos, cun arco e tres pináculos piramidais (elementos residuais do barroco, a pesar de pertencer ao último cuarto do século XIX).